Enquisa e consulta Monarquía ou República


Ante a negativa do CIS de lle preguntar á sociedade española, sobre un tema tan candente e de actualidade como é a Coroa, a “Plataforma de Medios Independientes”, formada por 16 medios e coordinada por docentes de universidade, lanzou un crowdfunding co que recadar fondos que xa conseguiron nun só día, para levar a cabo a enquisa que non quere facer o CIS e si desexa boa parte da cidadanía sobre Monarquía ou República.

 

Desde a Plataforma Consulta Popular Estatal Monarquía ou República, empatizamos e aplaudimos á “Plataforma de Medios Independientes”, por esa enquisa, que será un termómetro do que quere a cidadanía.

 

A Plataforma Estatal Monarquía ou República está organizando para a primavera de 2021 unha Consulta Popular en todo o Estado, de forma presencial mediante mesas de votación, para que o conxunto da cidadanía se poida pronunciar sobre o modelo de Estado, Monarquía ou República

 


Plataforma de Medios Independientes

 


 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará