OBXECTIVOS E TAREFAS DOS GRUPOS DE TRABALLO ESTATAIS
O obxectivo xeral dos catro grupos de traballo estatais é poñer a disposición de todos os territorios, organizacións, colectivos e persoas a información, modelos de documentos, materiais e recursos necesarios para a realización da Consulta Popular Estatal Monarquía ou República.
EXTENSIÓN TERRITORIAL E SECTORIAL
Obxectivo
- Estender a consulta estatal ao maior número de territorios, sectores, organizacións, colectivos e movementos sociais.
Tarefas
- Promover plataformas/grupos de traballos para a organización da consulta nos distintos territorios.
Cada territorio elixirá dúas persoas para manter unha conexión permanente co grupo de Extensión Estatal.
- Contactar cos sectores, organizacións, colectivos e MMSS que poidan estar interesados para que se sumen e promovan a consulta estatal.
- Realizar un censo actualizado dos territorios, organizacións e colectivos que forman a Plataforma Consulta Popular Estatal
DIFUSIÓN E COMUNICACIÓN
Obxectivo
- Difundir a consulta por todos os medios, canles e redes posibles para chegar ao maior número de persoas.
Tarefas
- Deseño da imaxe corporativa unitaria da Consulta Estatal: logo, etc.
- Deseño dos materiais gráficos da consulta: carteis, imaxes, etc.
- Relacións cos medios de comunicación.
Las plataformas territoriais terán especialmente en conta aos medios locais.
- Xestionar a páxina web da Plataforma Estatal.
- Xestionar as diversa canles e redes: Twitter, Facebook, Mastodon.social, Instagram, etc.
- Planificación de accións (campañas) unitarias estatais en determinadas datas: ciberaccións en Twitter, repartimentos de propaganda, etc.
ASUNTOS LEGALES E REGRAS XERAIS
Obxectivos
- Guías/protocolos de información e modelos de documentos para o desenvolvemento da consulta.
- Asesoramento xurídico.
Tarefas
- Guías de trámites para a constitución das mesas de votación.
- Protocolo para a xornada de votación.
- Modelo de comunicación aos concellos.
- Modelo de comunicación ás subdelegacións provinciais do Goberno.
- Modelo de acta de votación.
- Modelo de folla de reconto de votos.
- Modelo de papeleta de votación.
- Modelo de folla de datos estatísticos: códigos postais, tramo de idade e xénero.
ORGANIZACIÓN E LOGÍSTICA
Obxectivo
- Organizar os medios, recursos e loxística para o mellor desenvolvemento da Consulta Estatal.
Tarefas
- Información sobre o prezo dos materiais para a realización da consulta: urnas, etc.
- Información sobre prezos de medios de propaganda: carteis impresos, chapas, etc.
- Organización do micromecenado (crowdfunding) colaborativo.
- Organización do centro loxístico para a recollida estatal do reconto e a información das votacións.
Plataforma Consulta Popular Estatal Monarquía ou República