Comunicado do 15 de marzo


Na última reunión da Plataforma Consulta Estatal, que tivo lugar en Toledo o pasado 18 de xaneiro, acordouse realizar unha nova reunión o 14 de marzo en Madrid para seguir avanzando na organización da Consulta Popular Estatal Monarquía ou República.

 

En anteriores reunións, despois de constituírse a plataforma, formáronse catro grupos de traballo estatais e acordáronse os seus obxectivos e tarefas, aprobouse a guía de trámites para instalar as mesas de votación e o protocolo para a xornada de votación, acordouse a data do 9 de maio de 2020 para a realización da Consulta, etc.

 

Na reunión do 14 de marzo, íase avaliar o cumprimento dos obxectivos e tarefas dos grupos de traballo estatais, a concretar as canles de difusión das mesas/puntos de votación (localidades e lugares) e o sistema de  recollida de datos e comunicación de resultados, e tíñase previsto tamén aprobar o modelo de papeleta de votación.

 

Ante a situación sanitaria existente e a entrada en vigor das necesarias medidas de contención do virus Covid-19 aprobadas polas autoridades, non se puido realizar a reunión presencial convocada para o 14 de marzo.

 

Preséntase, por tanto, a necesidade de realizar proximamente unha reunión telemática para valorar a situación actual e adoptar os acordos pertinentes respecto á data da Consulta Estatal Monarquía ou República.

 

Neste sentido, ao carecer a Plataforma Estatal de fondos propios, acordouse que as organizacións, colectivos e territorios que participan na consulta fagan achegas económicas mínimas para poder investir nunha plataforma/sistema telemático profesional para que poidamos manter unha reunión coas condicións técnicas adecuadas e na que poidan participar todas as persoas representantes de colectivos/territorios que o desexen.

 

A reunión telemática terá lugar no prazo de tres semanas, o sábado 4 de abril. Mentres tanto as distintas organizacións, colectivos e territorios, que non o fixesen xa, poderán fixar as súas posicións e propostas ante a situación sanitaria actual e a data de realización da Consulta Estatal, prevista inicialmente para o 9 de maio.

 

No caso probable de aprobar o seu aprazamento, cando a situación sanitaria o permita, a plataforma realizará unha reunión presencial na que, entre outros asuntos, se acordará a nova data da Consulta Estatal Monarquía ou República.

 

Por último, desde a Plataforma Consulta Popular Estatal Monarquía ou República queremos facer un recoñecemento a todas as traballadoras e traballadores dos sistemas públicos de saúde (sanitario e non sanitario), alimentación, transporte e do resto de servizos esenciais, polo seu especial esforzo e dedicación na actual situación sanitaria e chamamos á cidadanía a sumarse masivamente á homenaxe que todos os días ás 22.00 horas se lles está rendendo en forma de aplauso/cacerolada colectiva. #YoMeQuedoEnCasa

 

15 de marzo de 2020