Comunicado 24 de novembro


COMUNICADO
 


 A CONSULTA POPULAR
ESTATAL MONARQUÍA OU REPÚBLICA SERÁ O 9 DE MAIO DE 2020


 

O pasado 19 de outubro,coa participación de numerosas organizacións, colectivos e espazos unitarios,constituíuse en Madrid a “Plataforma Consulta Popular Estatal Monarquía oRepública”, co obxectivo de organizar a convocatoria dunha consulta democráticanon vinculante para que o conxunto da cidadanía se poida pronunciar e decidirsobre a forma de Estado.

 

Ademais da constituciónda Plataforma Estatal, na citada reunión formáronse catro grupos de traballo:Chamamento e Extensión, Organización e Loxística, Regras e Asuntos Legais eDifusión e Comunicación, e acordouse que a consulta se realizase na primavera dopróximo ano.

 

Onte, 23 de novembro,conforme ao previsto, realizouse a segunda reunión da Plataforma na que seacordou que a Consulta popular estatal Monarquía ou República terá lugarno conxunto do Estado o 9 de maio de 2020. 


 

Asemade, debatéronse e ,aprobáronse os plans e a articulación dos catro grupos de traballo existentes, acordouse poñer en marcha unha páxina web da Plataforma, aprobouse un primeiro cartel da consulta estatal e tamén que a próxima reunión da Plataforma sexa o próximo 18 de xaneiro na cidade de Toledo.

 

A consulta estatal convocada é unha vía importante de expresión e participación cidadá sobre unha cuestión de máxima importancia en calquera democracia: a forma de Estado. Cuestión sobre a que a cidadanía non puido pronunciarse nin decidir en ningún momento, nin na denominada “Transición Democrática” nin posteriormente.

 

Coas expectativas creadas pola convocatoria desta consulta democrática, á segunda reunión da Plataforma Estatal sumáronse, ademais das organizacións que estiveron na anterior reunión, novos colectivos e asociacións de distinto tipo, ampliándose así a Plataforma e a súa pluralidade.

 

24 de novembro de 2019



Plataforma Consulta Popular Estatal Monarquía o República