Guía de trámites para a constitución de mesas de votación


GUÍA DE TRÁMITES PARA A CONSTITUCIÓN DE MESAS DE VOTACIÓN

 

CONCELLO

 

  1. Comunicación ao concello.

 

  1. Nalgún municipio pode que sexa necesario solicitarlle ao concello a licenza de ocupación de vía pública para a instalación de mesas, neste caso de votación.

 

  1. A) COMUNICACIÓN

 

Comunicación ao concello cos datos da actividade (consulta popular estatal), que se pode presentar en calquera rexistro municipal.

 

Prazo de presentación 

 

Débese presentar co maior prazo posible, por se hai impedimentos ou o concello require algunha documentación.

 

Contido da solicitude

 

  • Breve descrición da actividade que se vai desenvolver
  • Data da actividade
  • Horario de votación (convén engadir un tempo adicional antes e despois do horario acordado)
  • Listado de localizacións exactas das mesas de votación
  • Mobiliario que se vai utilizar (mesas pequenas, cadeiras…)
  • Datos da persoa solicitante, en nome propio ou en representación dalgún colectivo/entidade/organización.

 

Posibles problemas

 

  • Dependendo de varios factores pode haber máis ou menos obstáculos.

 

  • Se comunican que a localización solicitada non se pode usar polas circunstancias que sexa, hai que prever lugares alternativos.

 

  • Se o concello solicita proxectos ou seguros de responsabilidade civil hai que comunicarlles que, ao tratarse de mesas pequenas de votación e non de ningún tipo de instalación ou estruturas, non é necesario ningún tipo de proxecto ou seguro.

Denegación

 

  • No caso de que o concello denegue o permiso ou poña dificultades, unha alternativa é colocar as mesas en locais de: 

– Asociacións veciñais

– Asociacións e colectivos culturais

– Movementos sociais

– Establecementos que queiran colaborar, etc.

 

  • Outra alternativa: poñer esas mesas de votación nun lugar próximo que si teña autorización. 

 

  • Nestes casos difundir por todos os medios e canles posibles a prohibición, denunciando ao goberno municipal.

 

  1. B) LICENZA DE OCUPACIÓN DE VÍA PÚBLICA

 

  • Se algún concello esixise licenza de ocupación de vía pública, tramítase na Delegación/Xerencia de Urbanismo ou nas xuntas municipais de distrito (nas cidades medias e grandes). Na maioría dos municipios pódese facer online. No caso de que se presente de forma presencial, pódese facer en calquera rexistro municipal.

 

  • Existen modelos de solicitude da licenza nas páxinas web dos concellos e hai que especificar os elementos que se van poñer: mesas, cadeiras, etc.

 

  • A licenza de ocupación de vía pública pode solicitala unha persoa física en nome propio ou en representación dunha entidade/organización/colectivo.

 


 

SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO

 

  • Ás subdelegacións provinciais do Goberno hai que presentarlles ou enviar por correo-e unha comunicación cos lugares e horario de votación.

 

  • Prazo: a comunicación hai que presentala cun mínimo de dez días á data da consulta.

 

  • As comunicacións poden facelas persoas físicas no seu propio nome ou en representación dunha entidade/organización/colectivo.

 

  • Pódense presentar comunicacións coa listaxe de todas as mesas dun municipio ou por grupos territoriais (barrios, distritos, etc.).

 

  • As subdelegacións do Goberno provinciais responden cun correo-e dándose por informadas.

Guía de trámites para a constitución de mesas de votación


 

Modelo de comunicación ao concello


Modelo de comunicación á Subdelegación provincial do Goberno