Chamamento


Chamamento

 

CONSULTA POPULAR ESTATAL MONARQUÍA OU REPÚBLICA

Nas sociedades democráticas os pobos deciden sobre todas as cuestións que lles concirnen, entre elas sobre unha das importantes, a forma de Estado. A maioría da poboación actual non tivo oportunidade de votar a Constitución de 1978; pero quen si puido facelo, non tivo a opción de elixir sobre a forma de Estado, xa que foi furtado do debate na chamada Transición democrática. Nin naquel momento nin posteriormente puidemos decidir.

 

Por iso, numerosas organizacións e colectivos constituímos unha plataforma unitaria, ampla e plural para impulsar unha consulta popular estatal Monarquía ou República e que a cidadanía poida pronunciarse sobre unha destas dúas opcións.

 

Somos conscientes de que esta Consulta non poderá ter un carácter vinculante, pero é unha vía de expresión, participación cidadá e un acto democrático co que, ademais, exercemos o noso dereito a decidir sobre todo o que nos incumbe.

 

Será o 14 de maio de 2022 e podes participar nesta xornada votando, pero a túa participación pode ir moito máis alá: difundindo a Consulta, formando parte dos espazos unitarios territoriais que impulsan a creando e promovendo a constitución das mesas de votación. Tes toda a información na páxina web.

 

O próximo 14 de maio vai ser unha gran xornada de participación democrática e libre expresión popular na que poderemos votar sobre se queremos Monarquía ou República como forma de Estado. 

 

DIFUNDE, IMPULSA, ORGANIZA, PARTICIPA

 

Ti DECIDES!