A consulta estatal monarquía ou república aprázase ata que se dean as condicións sanitarias que permitan a súa realización
O 17 de xaneiro tivo lugar, de forma telemática, a VI Asemblea da Plataforma Consulta Popular Estatal Monarquía ou República, coa participación de representantes das organizacións, colectivos e territorios que a integran.
A Plataforma constituíuse en Madrid en outubro de 2019, co obxectivo de impulsar e organizar a Consulta Estatal. En anteriores asembleas aprobáronse o Chamamento, a Guía de Trámites para a constitución de mesas de votación e o Protocolo para a xornada de votación, e formáronse catro grupos de traballo estatais (Extensión, Organización e Loxística, Comunicación e Asuntos Legais) que son os que articulan as diferentes tarefas para desenvolver.
Na VI Asemblea tratouse, en primeiro lugar, a data da realización da Consulta, prevista para a primavera deste ano. Houbo unanimidade en aprazala ata que a situación sanitaria permita a súa realización nas condicións adecuadas. En reunións posteriores irase analizando a evolución da pandemia e, no seu momento, acordarase a data definitiva.
A Asemblea debateu tamén as accións que se poden desenvolver nas actuais circunstancias para fomentar a Consulta, acordándose:
# Que todas as entidades e territorios que conforman a Plataforma fomenten, no marco sanitario actual, a difusión, extensión e organización da Consulta polos distintos medios ao seu alcance.
# Fortalecer e intensificar as accións dos Grupos de Traballo estatais, establecidas no documento https://plataformaestatalmonarquiaorepublica.org/objetivos-y-tareas-de-los-grupos-de-trabajo-estatales/ e en concreto, entre outras, as seguintes:
– Extensión territorial da Plataforma ao conxunto do Estado.
– Extensión da Consulta a todas as organizacións, entidades e movementos sociais partidarios do dereito a decidir Monarquía ou República.
– Xestión permanente da páxina web da Plataforma e da súa canle de Telegram de difusión de noticias.
– Na actual situación sanitaria, intensificar o traballo de difusión da Consulta polas distintas canles e redes sociais.
– Continuar coas campañas en redes en determinadas datas: ciberaccións estatais.
– Incrementar a difusión de información e publicación de artigos de opinión nos medios de comunicación.
– Ir organizando os medios, recursos e loxística para o mellor desenvolvemento da Consulta.
– Elaboración dos modelos dos distintos documentos necesarios para a Consulta Popular.
– Modelo de moción institucional en favor do dereito a decidir Monarquía ou República.
– Asesoramento xurídico.
Unha vez que se dean as condicións sanitarias que permitan unha ampla participación da cidadanía convocaremos a Consulta Estatal, que será unha gran xornada de democracia participativa e un acto democrático de libre expresión popular, na que poderemos votar e pronunciarnos sobre a forma de Estado, Monarquía ou República.
18 de xaneiro de 2021
Plataforma Consulta Popular Estatal Monarquía ou República