PROTOCOLO XORNADA DE VOTACIÓN
Mesas electorais
Material que DEBE estar en cada mesa de votación o día da Consulta:
➢ Urna precintada
➢ Papeletas de votación
➢ Protocolo de votación (este documento)
➢ Folla de datos estatísticos (códigos postais, tramo de idade e xénero) das
persoas votantes.
➢ Folla de reconto de votos
➢ Acta da votación
➢ Solicitude de licenza de ocupación da vía pública ou comunicación
presentada ao concello, así como resposta recibida.
➢ Comunicación presentada á Subdelegación do Goberno, así como
resposta recibida.
➢ Carteis da consulta ou faldrón co logo da Consulta rodeando a mesa
➢ Bolígrafos
Material que PODE estar en cada mesa de votación o día da consulta:
➢ Dípticos e folletos informativos da Consulta Monarquía ou República, que poderán repartírselles ás persoas próximas á mesa, como medio de información e para incentivar a participación.
➢ Follas en branco para anotar posibles contactos futuros de persoas
interesadas en colaborar ou recibir información futura.
Material que NON DEBE estar nas mesas de votación o día da consulta:
➢ Símbolos identificativos ou propagandísticos dalgunha das dúas opcións de voto, como bandeiras, carteis, folletos, dípticos, etc.
➢ Hai que procurar que as persoas que formen a mesa non leven nada que
faga propaganda dalgunha das dúas opcións que se someten á consulta.
Horario de votación
Horario xeral: de 10:00 a 19:00 horas. A instalación das mesas debe realizarse coa debida antelación para que á hora sinalada estean en funcionamento.
Idade mínima para poder votar
16 anos cumpridos o día da Consulta.
Emisión do voto
➢ Ao tratarse dunha consulta non vinculante e non dispoñer dun censo previo, poderán emitir o seu voto todas as persoas que o desexen, con 16 ou máis anos cumpridos.
➢ Á persoa que queira votar se lle facilitará unha papeleta de voto, na cal deberá marcar cun X a casiña que queira, coa debida confidencialidade. Esta papeleta, unha vez dobrada, introducirase na urna, asegurándose de que só se introduce unha papeleta. Non haberá sobres.
➢ Para un seguimento do número de votantes e cotexar cos votos emitidos, as persoas facilitarán o seu código postal, que será consignado na folla de datos estatísticos, xunto con seu tramo de idade e xénero.
Escrutinio
➢ O escrutinio será público para quen queira presencialo.
➢ Unha vez finalizado o proceso de votación procederase a abrir a urna e farase o reconto de:
◊ Votos nulos
◊ Votos en branco
◊ Votos para cada opción que se somete a consulta.
➢ En caso de que o número de papeletas non coincida co número de votantes da folla de datos estatísticos, consignarase como incidencias na acta de votación.
➢ Na acta de votación consignaranse estes resultados, o número de votantes (segundo a folla de datos estatísticos cuberta), incidencias ocorridas, así como o resto de informacións do dito impreso, que será asinado polos responsables da mesa, cuxos datos (incluído teléfono dalgún deles) deberán tamén figurar.
Comunicación entre as mesas de votación e o centro loxístico
➢ Todas as comunicacións realizaranse polo sistema dixital que se
estableza.
➢ Co fin de axilizar as comunicacións cada municipio nomeará unha persoa que coordine a información do seu territorio, e que á súa vez se poñerá en contacto co centro loxístico.
➢ Establécense os seguintes horarios de comunicación de información:
◊ Ás 11:00 h informarase do número de mesas funcionando e o número daquelas que non se puideron instalar, indicando o motivo.
◊ Ás 15:00 h informarase do número de votantes que ata ese momento exerceran o seu dereito ao voto, así como informacións que poidan ter interese sobre a marcha da votación.
◊ Antes das 20,00 h, finalizadas a votación e o escrutinio, o coordinador de información de cada municipio comunicará os resultados ao centro loxístico.
◊ Antes das 24:00 h do día da votación enviarase copia da acta de votación cuberta de cada mesa a unha dirección de correo-e que se comunicará previamente.
➢ O antes posible, publicarase un comunicado cos resultados globais, que
será difundido por todos os medios, redes e canles posibles.
Asesoramento legal e incidencias
➢ O centro loxístico e as persoas coordinadoras da consulta estatal estarán en contacto con asesores xurídicos e as delegacións do Goberno, por se fose necesario realizar algunha indicación ou comunicación ao longo da xornada de votación.
➢ Calquera incidencia debe comunicárselle ao centro loxístico para a súa xestión.
Recursos materiais
➢ Cada territorio deberá conseguir os materiais necesarios para a votación: mesas ou taboleiros con soportes, urnas, cadeiras, pérgola se queren tela, para o sol ou posible chuvia, e resto de materiais.
➢ As mesas rodearanse de carteis ou faldrón co logo da consulta, e que
poderá usarse tamén de adorno nalgunha parede próxima.
➢ Todos os modelos de documentos: papeletas de votación, folla de reconto de votos, acta de votación, folla de datos estatísticos, etc. estarán na páxina web da Plataforma para que todos os territorios, organizacións, colectivos e persoas que impulsan a organización de mesas de votación poidan imprimilos.
Plataforma Consulta Popular Estatal Monarquía ou República