Información básica da Consulta


CONSULTA POPULAR ESTATAL MONARQUÍA OU REPÚBLICA
14 de maio de 2022

INFORMACIÓN BÁSICA DA CONSULTA

Nas sociedades democráticas, os pobos deciden sobre todas as cuestións que lles concirnen, entre elas sobre unha das importantes, a forma de Estado. Por iso, numerosas organizacións e colectivos constituímos unha Plataforma unitaria, ampla e plural para impulsar unha Consulta Popular Estatal Monarquía ou República e que a cidadanía poida pronunciarse sobre unha destas dúas opcións.

> Este é o chamamento á consulta

> Tes toda a información sobre a consulta na páxina web

> Na páxina web vanse publicar todos os puntos/mesas de votación da consulta. Para isto tes que enviar, o antes posible, ao correo Mesas votación 14 de maio os datos das mesas: provincia, municipio, enderezo, horario e nome, teléfono e correo da persoa coordinadora da mesa de votación.

> Aquí tes unha Guía de referencia do que hai que facer para constituír mesas de votación:

> E este é o Protocolo para a xornada de votación

> Se queres que difundamos actos e convocatorias da consulta no teu territorio, envíanos a información/cartel ao correo Actos e Convocatorias

Podes participar na Consulta Monarquía ou República votando, pero a túa participación pode ir moito máis alá: difundindo a Consulta, formando parte dos espazos territoriais unitarios ou colaborando cos colectivos que impulsan a Consulta, e promovendo a constitución das mesas de votación.

O próximo 14 de maio vai ser unha gran xornada de participación democrática e libre expresión popular na que poderemos votar se queremos Monarquía ou República.

Información básica da Consulta

DIFUNDE, IMPULSA, ORGANIZA, PARTICIPA

TI DECIDES!