Comunicado
Consulta Popular Estatal Monarquía ou República 14M
724 mesas, máis de 4.000 persoas voluntarias, 81.617 votantes
República votos 76.106 (93,25 %) Monarquía votos 4.731 (5,81 %)
Comunicado Plataforma Consulta Estatal 15-05-2022
CHAMAMENTO
CONSULTA POPULAR ESTATAL MONARQUÍA OU REPÚBLICA
Nas sociedades democráticas os pobos deciden sobre todas as cuestións que lles concirnen, entre elas sobre unha das importantes, a forma de Estado. A maioría da poboación actual non tivo oportunidade de votar a Constitución de 1978; pero quen si puido facelo, non tivo a opción de elixir sobra a forma de Estado, xa que foi furtado do debate na chamada Transición democrática. Nin naquel momento nin posteriormente puidemos decidir.
Por iso, numerosas organizacións e colectivos constituímos unha plataforma unitaria, ampla e plural para impulsar unha consulta popular estatal Monarquía ou República e que a cidadanía poida pronunciarse sobre unha destas dúas opcións.
Somos conscientes de que esta Consulta non poderá ter un carácter vinculante, pero é unha vía de expresión, participación cidadá e un acto democrático co que, ademais, exercemos o noso dereito a decidir sobre todo o que nos incumbe.
Será o 14 de maio de 2022 e podes participar nesta xornada votando, pero a túa participación pode ir moito máis alá: difundindo a Consulta, formando parte dos espazos unitarios territoriais que impulsan a creando e promovendo a constitución das mesas de votación. Tes toda a información na páxina web.
O próximo 14 de maio vai ser unha gran xornada de participación democrática e libre expresión popular na que poderemos votar sobre se queremos Monarquía ou República como forma de Estado.
DIFUNDE, IMPULSA, ORGANIZA, PARTICIPA
Ti DECIDES!