Comunicado 20 de outubro


COMUNICADO 


CONSTITUÍDA A “PLATAFORMA CONSULTA POPULAR ESTATAL
MONARQUÍA O REPÚBLICA” 


É estimulante tomar a iniciativa ante inaccións ou imposicións. Esa é a esencia da democracia: o pobo opinando, elixindo, decidindo… e este é o caso. Corren ventos de consultas populares, corren ventos de consultas Monarquía ou República.


É que, se nos paramos a pensar, como podemos saber o grao de aceptación ou rexeitamento que a cidadanía sente cara á Monarquía? Como podemos coñecer o grao de aspiración de ser unha República? Pois témolo difícil, o que é moi sintomático. O Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS) incluía ata o 2015 unha pregunta acerca do grao de aceptación que a poboación tiña sobre a
Monarquía. Desde entón.., silencio absoluto. Sen dúbida, hai silencios moi elocuentes.


Ante esta situación, nos últimos meses realizáronse en distintos sectores─fundamentalmente universidades e territorios: cidades, vilas e barrios─, consultas populares Monarquía ou República, para que todas as persoas que quixesen puidesen emitir a súa opinión respondendo nunha papeleta a estas dúas preguntas: “Quere vostede poder decidir a forma de Estado?”, e no caso de que a resposta fose afirmativa, a segunda pregunta foi: “Monarquía ou República?”.


Non se trata de consultas coa que se pretenda validez legal, son vías de expresión e participación cidadá sobre unha cuestión de máxima importancia en calquera democracia: a forma de Estado.


As universidades e numerosas cidades e vilas foron punta de lanza. Xa é o momento de organizar a convocatoria dunha consulta popular estatal Monarquía ou República para que o conxunto da cidadanía poida pronunciarse e decidir sobre a forma de Estado. 


Con este obxectivo, numerosas organizacións, colectivos e espazos unitarios constituímonos nunha Plataforma Estatal, ampla e plural, pro Consulta Popular, e organizámonos para iniciar o proceso en catro grupos de traballo: Chamamento e Extensión, Difusión e Comunicación, Organización e Loxística e Regras Xerais e Asuntos Legais.


Para encontrarnos e facer oír a nosa voz, para promover o debate e cuestionarnos o que queren que sexa incuestionable: a monarquía en España. E en democracia nada debe de ser incuestionable salvo a vontade do pobo.


A próxima reunión da Plataforma será o vindeiro 23 de novembro e a realización da consulta estatal Monarquía ou República na primavera de 2020.


Outubro de 2019

 



Plataforma Consulta Popular Estatal Monarquía o República