Comunicado 15 de maio de 2022


Comunicado 

Consulta Popular Estatal Monarquía ou República 14M


 719 mesas, máis de 4.000 persoas voluntarias, 83.469 votantes 

República votos 77.942 (93,38 %)

Monarquía votos 4.750 (6,09 %)


 É ilusionante tomar a iniciativa ante inaccións ou imposicións. Esa é a esencia da democracia: o pobo opinando, elixindo, decidindo… e este é o caso. Corren ventos de consultas populares, corren ventos de consultas monarquía ou república.

No día de onte celebrouse a Consulta Popular Estatal Monarquía ou República. Houbo 719 puntos de votación, participaron votando 83.529 persoas e o resultado é: 77.978 votos a favor da República (93,35 %), 4.772 votos a favor da Monarquía (5,71 %) e 779 votos en branco ou nulos (0,93 %).

Sen recursos e case só cos medios de información e difusión propios, fundamentalmente as redes sociais, entre todos e todas conseguimos unha importante xornada de participación democrática e de libre expresión popular.

719 mesas de votación ─cando o obxectivo era de 500 mesas─, repartidas por todo o Estado e 15 cidades estranxeiras (Berlín, Hamburgo, Bruxelas, París, Toulouse, Afjord, Ámsterdam, Londres, Manchester, Bos Aires, Bolívar, General Villegas, Vicente López, Montevideo e Santo Domingo).

Máis de 4.000 persoas voluntarias que co seu esforzo e entusiasmo fixeron posible a consulta, poñendo incluso os recursos materiais das mesas de votación, e 83.529 votantes, persoas que participaron nesta consulta popular, nesta a maior enquisa directa e presencial que se fixo en España sobre a forma de Estado, Monarquía ou República. Participación de persoas que superou  as previsións máis optimistas na maioría de cidades e vilas, coa lóxica excepción das que se encontran en feira ou festas.

A consulta desenvolveuse no conxunto do Estado con absoluta normalidade, non houbo conflitos nin incidencias relevantes. Só nalgúns lugares, moi poucos, forzas antidemocráticas intentaron, sen conseguilo, impedir o desenvolvemento da consulta. Mencionar neste sentido a  Subdelegación Provincial do Goberno en Alacante e aos gobernos municipais de Martorell, Hospitalet de Llobregat e Salou, en Catalunya. No municipio dos Alcázares, na Rexión de Murcia a actuación dun grupo fascista impediu as votacións nunha mesa de votación.

A Plataforma Consulta Popular Monarquía ou República cumpriu o seu obxectivo de celebrar unha consulta popular na que a cidadanía que quixese, puidese pronunciarse libremente sobre a forma de Estado, Monarquía ou República. Mostramos a nosa satisfacción polo éxito desta consulta democrática e de libre expresión popular e felicitamos a todas as persoas voluntarias que a fixeron posible e a todas as que participaron nas votacións.

¡MOITAS GRAZAS A TODAS E A TODOS!

15 de maio de 2022