Comunicado 30 de xaneiro de 2022


Comunicado

 

X ASEMBLEA DA PLATAFORMA CONSULTA MONARQUÍA OU REPÚBLICA

 

A  pouco máis de tres meses do 14 de maio a Plataforma Estatal realizou a súa X Asemblea na que se aprobou, entre outros asuntos, a papeleta de votación da Consulta Popular

 

O 30 de xaneiro tivo lugar, de forma telemática, a X asemblea da Plataforma Consulta Popular Estatal Monarquía ou República, coa participación de 53 representantes das organizacións, colectivos e territorios que a integran.

 

A Plataforma constituíuse en outubro de 2019 co obxectivo de impulsar e organizar a Consulta Estatal. En anteriores asembleas debatéronse e acordáronse todas as cuestións importantes da Consulta e aprobáronse os documentos básicos: o chamamento, a guía de trámites para a constitución de mesas de votación, o protocolo para a xornada de votación e a guía de información básica da Consulta. Tamén se formaron catro grupos de traballo estatais (Extensión, Organización e Loxística, Comunicación e Asuntos Legais) para articular as diferentes tarefas que se van desenvolver.

 

Na X asemblea, a pouco máis de tres meses da Consulta, avanzouse en cuestións prácticas e concretas. No próximo período a acción prioritaria de todas as organizacións, colectivos e espazos que impulsan a Consulta é a organización das mesas de votación no conxunto do Estado. Unha vez establecidos os responsables dos puntos de votación enviarán á Plataforma Estatal os datos destas: provincia, municipio, enderezo e horario da mesa, para así poder publicar na páxina web da Consulta o listado completo de todos os puntos de votación.

 

Nesta asemblea tamén se formularon e resolveron diversos asuntos en relación cos trámites que haberá que realizar para instalar as mesas de votación ante os concellos e as subdelegacións provinciais do Goberno e cuestións prácticas en relación cos recursos materiais necesarios: mesas, urnas, carteis, papeletas de votación e outros documentos.

 

En relación coa papeleta de votación, acordouse que levará o seguinte texto: Consulta Popular Estatal Monarquía ou República, 14 de maio de 2022 e as opcións Monarquía/República cos seus correspondentes recadros para que a cidadanía poida sinalar a opción que prefira. A papeleta levará tamén a frase: Consulta popular non vinculante.

 

Nesta X asemblea, os distintos colectivos e territorios informaron da organización e  desenvolvemento da Consulta, no marco dos criterios acordados pola Plataforma Estatal: constitución de comisións/plataformas unitarias promotoras da Consulta en territorios e municipios e naqueles lugares onde non sexa posible a coordinación das entidades que impulsan a Consulta para o seu mellor desenvolvemento.

 

Nas sociedades democráticas, os pobos deciden sobre todas as cuestións importantes que lles concirnen, entre elas a forma de Estado. Na chamada Transición democrática, nin posteriormente, non puidemos elixir entre Monarquía ou República. Por iso, o 14 de maio, aínda que a Consulta non sexa vinculante, será unha gran xornada de democracia participativa e un acto democrático de libre expresión popular, no que poderemos votar e pronunciarnos sobre a forma de Estado, Monarquía ou República.

 

30 de xaneiro de 2022

 

Plataforma Consulta Popular Estatal Monarquía ou República