Ciberacción en Twitter da Consulta Popular Estatal Monarquía ou República, para difundir a importancia de participar na promoción de mesas de votación e acudir a votar o 14 de maio.
Data: 18 de marzo 2022
19:00 h (1 hora menos en Canarias) – Desde países de Europa ou doutros continentes, o horario que usaremos é GMT / UTC UTC+1 (Hora de Madrid)
Hashtag que imos usar #14 MayoVotaMoR – NUNCA ANTES DA HORA DE INICIO DA CIBERACCIÓN
POR FAVOR, NON PUBLIQUEDES O HASHTAG ANTES DAS 19:00 DO 18 DE MARZO
Documento con chíos de exemplo sobre a Consulta Popular Estatal Monarquía ou República , Procurade non repetir exactamente os textos que vos propoñemos como exemplo, tratade de personalizalos usando emoticonos ou cambiando palabras para que Twitter non detecte repeticións e, por favor, non publiquedes chíos só co hashtag, Twitter pode penalizalos.
Arquivos multimedia para usar co hashtag
Animámosvos a todas e a todos a participar coa mirada posta no 14 de maio de 2022 que será unha gran xornada de participación democrática e libre expresión popular na que poderemos votar se queremos Monarquía ou República