Convocatoria da reunión telemática 20 de xuño 2020
AVISO DA REUNIÓN TELEMÁTICA DA PLATAFORMA
CONSULTA POPULAR DE MONARQUÍA OU REPÚBLICA
20 de xuño de 2020
Seguimos traballando na convocatoria da consulta popular da Monarquía ou República para que todos os cidadáns poidan pronunciarse e decidir sobre a forma do Estado
Tal e como se acordou o 4 de abril, na cuarta reunión da Plataforma Estatal, o vindeiro sábado 20 de xuño realizaremos unha reunión estatal da plataforma na que teremos que debater e acordar, entre outros, as seguintes cuestións:
1.Datas das próximas reunións estatais (telemáticas ou presenciais). Proposta: asemblea estatal presencial en outubro.
2.Data da consulta do Estado de Monarquía ou República. Proposta: primavera de 2021.
3.Accións no seguinte período.
4.Grupos de traballo estatais.
5.Varios.
Como sempre, confirmaremos a axenda ao comezo da reunión.
As reunións presenciais da Plataforma estatal sempre foron abertas. Na do 20 de xuño, sendo telemática (aplicación Zoom), pode participar unha persoa que represente a cada unha das organizacións, grupos e territorios que participen na plataforma. Podes atopar a lista de organizacións e grupos no seguinte enlace https://plataformaestatalmonarquiaorepublica.org/gl/organizacions-e-colectivos-que-participan-na-plataforma/
As persoas que participen no encontro recibirán unha ligazón. Se algunha organización ou territorio cambiase de representante para a reunión do vindeiro sábado, deberá enviar un correo electrónico a extension@plataformaestatalmonarquiaorepublica.org indicando o seu nome, organización ou territorio que representa e o enderezo de correo electrónico ao que quere que se lle envíe a ligazón co fin de conectarse á reunión.
Agardamos poder manter reunións presenciais pronto e darvos un abrazo fraternal.
15 de xuño de 2020