Desde a Plataforma Consulta Popular Estatal Monarquía ou República animámosvos a participar nun hashtag en Twitter (https://twitter.com/consultaestatal ) o próximo 14 de xaneiro, ás 19:00 horas, para promocionar e dar a coñecer a importancia de participar na promoción de mesas de votación e de acudir a votar o 14 de maio na consulta popular monarquía ou república.

O doc co hashtag que se usará nesta ciberacción pasarase a todos os grupos o xoves día 13 e publicarémolo ese mesmo día, pola tarde na nosa web e na nosa canle de telegram https://t.me/consultapopularestatal https://t.me/consultapopularestatal


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará