A ninguén se lle escapa o clima político e a tensión dos últimos meses, así como a incapacidade do executivo que estea, de xerar algunha resposta ao descontento da rúa.

É obvio que estamos inmersos nunha espiral e que o sistema que nos rexe é obsoleto.

É acertado pois, levar a cabo unha consulta popular, unha sondaxe sobre o seu grao de aceptación, na cal a cidadanía poida postularse a favor ou en contra deste, dun modo orientativo e que sexa capaz de xerar o debate necesario na rúa e nas institucións. Que lle transmita ao xefe do Estado se é ben tolerado ou se, pola contra, é conveniente facer pasar o seu cargo polas urnas.

De aí a importancia de facer partícipe ao pobo, porque é iso, una consulta popular, de todos, e porque ademais temos o dereito a decidir as principais cuestións do país que é unha forma de sanear a democracia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará