Plataforma Consulta Popular Estatal Monarquía ou República



Chamamento

 

CONSULTA POPULAR ESTATAL MONARQUÍA OU REPÚBLICA

9 de maio de 2020

 

Nas sociedades democráticas os pobos deciden sobre todas as cuestións que lles concirnen, entre elas sobre unha das importantes, a forma de Estado. A maioría da poboación actual non tivo oportunidade de votar a Constitución de 1978; pero quen si puido facelo, non tivo a opción de elixir sobra a forma de Estado, xa que foi furtado do debate na chamada transición democrática. Nin naquel momento nin posteriormente puidemos decidir.

 

Por iso, numerosas organizacións e colectivos constituímos unha plataforma unitaria para impulsar unha consulta popular estatal Monarquía ou República e que a cidadanía poida pronunciarse sobre unha destas dúas opcións.

 

Somos conscientes de que esta consulta non poderá ter un carácter vinculante, pero é unha vía de expresión, participación cidadá e un acto democrático co que, ademais, exercemos o noso dereito a decidir sobre todo o que nos incumbe.

 

Será o 9 de maio de 2020 e podes participar nesta xornada votando, pero a túa participación pode ir moito máis alá: difundindo a consulta, formando parte dos grupos de traballo territoriais que se están creando e promovendo a constitución das mesas de votación. 

 

O próximo 9 de maio vai ser unha gran xornada de participación democrática e libre expresión popular na que poderemos votar sobre se queremos Monarquía ou República como forma de Estado. 

 

DIFUNDE, IMPULSA, ORGANIZA, PARTICIPA

 

Ti DECIDES!

 





Guía de trámites

Protocolo votación



Organizacións

Puntos de votación